Archivo de la etiqueta: especies

O MARISCO DA TERRA

Galicia é unha terra recoñecida pola súa natureza e polos productos que dela se obteñen, concretamente, o ben máis popular é sen dúbida o marisco ; pero neste blog imos falar doutro producto menos recoñecido pero case igual de importante, xa que o podemos considerar o seu equivalente terrestre: os cogomelos.

cogomelo

O clima galego facilita que existan aproximadamente unhas 2000 especies distintas de cogomelos, algunhas moi dificiles de atopar, e outras pola contra moi comúns e recoñecibles na nosa xeografía. Temos polo tanto unha terra propicia para a recollida destes pequenos manxares, e aínda que a mellor estación para a súa recollida sexa outono, non hai que desesperar, pois cada especie require o seu propio tempo de crecemento, o que permite aos amantes da micoloxía atopar cogomelos durante prácticamente todo o ano nas fragas e montes de Galicia.

Nas vindeiras entradas profundizaremos no mundo do cogomelo, a súa búsqueda e preparación, e por suposto, como evitar aos cogomelos perigosos!!