Archivo de la etiqueta: aspecto setas

Colleita de Cogomelos: os máis comúns (III)

Esta é a última entrada sobre cogomelos comestibles en Galicia; as próximas entradas profundizarán no ámbito da súa recollida e as mellores receitas para preparalos:

 

SETA DE LOS CABALLEROS, Tricholoma auratum,

Comestible apreciado e de gran rendemento debido ao seu tamaño e carnosidade. Desenvólvese en pinares arenosos enterrado entre a arena ou entre as agullas dos pinos.
A súa carne é branca ou algo amarillenta baixo a cutícula, ten olor a remolacha e un sabor agradable.

Tricholoma Auratum

 

SETA BLANCA DE CHOPO Agrocybe Aegerita (AGROCYBE CYLINDRICA)

Carne compacta, fráxil, branca amarelenta, de sabor e olor agradables. Bo comestible e ademáis sen confusión probable con especies tóxicas.

Especie bastante común durante largos meses nos troncos das árbores, típicamente en chopos mortos ou vellos. É bastante común en Europa meridional e aparece dende a mitade do verán ata mediados de septembro.

Agrocybe Aegerita

 

SETA DE LOS CÉSARES Amanita caesarea (Agaricus caesareus

Esta especie pode atoparse baixo encinas, alcornoques, castaños, carballos e tamén en bosques de coníferas.

É un excelente comestible, puidéndose comer cruda, con un pouco de aceite, sal e limón. Os romanos tiñan verdadeira pasión por ela.

Amanita Caesarea

 

SENDERILLA, Marasmus Oreades, (Collybia oreades)

Hongo sapròfito que vive entre a herba, en prados, xardíns, camiños e claros herbosos do bosque. Fructifica dende a primaveira ata o inverno, a menudo formando corros de numerosos exemplares. É moi común e abundante, sobre todo nas comarcas pirenaicas.

É un excelente comestible, apto para o desecado, gañando así en aroma. Pode atoparse desecado nos mercados e comercios co nome impropio de «moixernó».

Marasmus Oreades