A pesar de que a Victoria Beckham o noso país olíalle a allo, a verdade é que máis que un insulto debería ser un alago, xa que culinariamente falando, o allo forma parte da nosa cultura gastronómica; e o normal é que calquera comida ao «ajillo» nos guste.
Forma parte indispensable da nosa cociña tradicional, e posteo sobre este prato porque, como mencionei na primeira entrada do blog, os cogomelos son o marisco da terra; e neste prato temos recollidos «aos dous mariscos», unha combinación de postín.
Ingredentes:
300 grs. de gambas
250 grs. de setas
1 cucharadita de brandy
4 dentes de allo
1 cucharada de perexil picado
Pimenta molida
Aceite de oliva
Orégano
Eneldo
Sal
Preparación:
1. Primeiramente pelamos as gambas, separamos as colas peladas das cáscaras e as cabezas, e as salpimentamos.
2. A continuación calentamos catro cucharadas de aceite a fogo lento e nunha cazuela de barro fritimos as colas das gambas ata que se volvan opacas, momento no cual as sacaremos cunha espumadeira e as reservaremos.
3. Despois na mesma cazuela colocamos as cáscaras e as cabezas das gambas salpimentadas, as apretamos contra o fondo para que solten o xugo , cociñamos uns 3 minutos e logo desechamos as cáscaras e as cabezas.
4. Luego lavamos as setas, as cortamos en tiras e as botamos á cazuela anterior. Sazonamos e cociñamos a fogo lento ata que se abranden. Despois engadimos os dentes de allo e agregamos unha pizca de orégano e de eneldo, axitamos a cazuela e cociñamos ata que o líquido reduzca.
5. Finalmente incorporamos as colas das gambas e o brandy, removemos a cazuela varias veces, espolvoreamos co perexil e servimos.
Listo para comer!